Grandes cubos iluminados que suxiren contedores de mercadorías portuarias conforman a exposición permanente do segundo edificio, na que podemos ver documentos de vídeo e audio, pantallas interactivas e obxectos orixinais relacionados coa historia da pesca. Pero o Museo do Mar non só é a colección permanente: explora tamén as exposicións temporais.
O Museo do Mar de Galicia, como institución que investiga e divulga, está a traballar en ambiciosos proxectos en colaboración con outros organismos como A memoria do mar, o proxecto Neuston ou o encontro de embarcacións tradicionais de Galicia.
Chega o mes de novembro e con el unha nova oferta de actividades.
Para consultar as actividades CLICKAR AQUÍ
Para participar deben RESERVAR (as reservas deben realizarse cun día de antelación mínimo).
INFORMACIÓN E RESERVAS: de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas no 98624770580.
Entrada gratis
Chega o mes de novmebro e con el unha nova oferta de actividades.
Para consultar as actividades CLICKAR AQUÍ
Para participar deben RESERVAR e PAGAR a ENTRADA do MUSEO.
INFORMACIÓN E RESERVAS: de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas
no teléfono 986247750.
As reservas deben realizarse cun día de antelación mínimo.
Descubre a particular visión de Salvador Dalí de A Divina Comedia de Dante Alighieri nunha visita guiada en italiano, a cargo de voluntarios/as da Società Dante Alighieri Vigo.
Dante Alighieri e Salvador Dalí chegan ao noso museo da man da Società Dante Alighieri de Vigo, o Museo do Gravado de Artes de Ribeira e do Fondo Histórico da Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago de Compostela.
Aínda que máis de seis séculos separan a Dante Alighieri de Salvador Dalí, ambos comparten a capacidade de transformar a imaxinación en visión, algo do que seremos testemuñas grazas a esta nova exposición temporal que reúne os gravados cos que Dalí reinterpretou A Divina Comedia e unha selección de edicións históricas da obra, algunhas auténticas xoias bibliográficas, como un incunable de 1481.
Ademais, a exposición rende unha homenaxe especial a Darío Xohán Cabana, figura fundamental da literatura galega, quen, entre outras obras, traduciu A Divina Comedia de Dante Alighieri ao galego.
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar