• gl



Exposición temporal. "O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra"

  • CANDO: do 21 de maio ao 4 setembro 2022
  • ONDE: Sala exposicións temporais do 1º edificio do Museo do Mar de Galicia
  • HORARIO: horario de apertura do museo
  • ENTRADA DE BALDE

O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra é un proxecto expositivo e editorial que retrata as realidades e paisaxes que conforman o itinerario do Camiño Portugués e tece un diálogo entre a fotografía do pasado e as olladas do presente.

De Porto a Santiago de Compostela, as paisaxes, a vida nas prazas das aldeas, os monumentos e as escenas cotiás que foron inmortalizadas en séculos pasados volven ser motivo de inspiración baixo unha nova ollada. Trátase, por tanto, dun proxecto que nos brinda a oportunidade de reflexionar sobre o que permanece inmutable e o que se transforma, construíndo unha memoria colectiva do camiño accesible a todas e todos.

En 120 fotografías e a través da lente de 42 fotógrafos, a mostra aproxímase á riqueza paisaxística e monumental deste itinerario histórico para facernos novamente conscientes do seu valor patrimonial e convidarnos a redescubrilo cos ollos de quen o mira por primeira vez.

A exposición, que puido verse no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia
(Santiago de Compostela), onde congregou a máis de 21.000 visitantes, chega agora ao Museo do Mar de Galicia, onde todas as persoas visitantes poderán ver, entre moitas outras, imaxes específicas da cidade de Vigo.

Na mostra poden verse, entre outras imaxes, fotografías históricas do barrio do Berbés, a rúa do Príncipe ou García Barbón, retratadas no primeiro terzo do século XX pola Casa Loty, Pacheco, ou o fotógrafo alemán Otto Wunderlich, quen retratou como ninguén a vida, xentes e paisaxes da España dos anos 20.

A exposición complétase co filme “Ecos do Camiño”, producida polo Laboratorio NUMAX , unha peza audiovisual que nos traslada a visión persoal da comisaria Lucía Laín e nos convida a profundar nesta viaxe a través do tempo e ao longo do Camiño Portugués.
para esta exposición.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar