Benvidos ao Museo do Mar de Galicia, un lugar onde comprender a larga vinculación histórica dos galegos co mar a través do seu aproveitamento e coñecemento.

Facendo o percorrido polas súas salas o visitante coñecerá a actividade pesqueira en tódolos seus ámbitos, así como o seu desenvolvemento no descorrer da historia: a pesca, o marisqueo e a acuicultura, os métodos de conservación, dende o primitivo salgado ata o moderno conxelado, os avances técnicos nas embarcacións ou a bioloxía mariña. Completarase o percorrido cunha visita ao acuario do Museo, onde se poden observar os principais ecosistemas que se atopan entre o propio peirao do Museo e a costa acantilada das Illas Cíes. Comecemos pois unha visita que de seguro fará que a partir de hoxe o visitante se sinta un pouco máis mariñeiro.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar