A ría de Vigo, na provincia de Pontevedra, é a máis meridional das Rías Baixas galegas.
Defínese ría como un entrante costeiro nun relevo macizo que presenta un perfil transversal en forma de V. As rías poden ter unha orixe tectónica, debido ó afundimento continental, ou ben glacioeustática, formada pola invasión mariña dos vales fluviais baixos. As rías constitúen o trazo paisaxístico máis característico das costas galegas. Xeograficamente en Galicia diferénciase entre as Rías Altas e as Rías Baixas.
As rías Altas correspóndese co litoral cantábrico, o golfo ártabro e a Costa da Morte; entre o concello de Ribadeo e Muros atópanse as rías de Ribadeo, Foz, Viveiro, O Barqueiro, Ortigueira, Cedeira, Ferrol, Ares, Betanzos, A Coruña, Corme e Laxe, Camariñas e Corcubión. As Rías Baixas atópanse na parte sur da costa atlántica galega, entre os concellos de Muros, ao norte, e Baiona, ao sur; estas son as de Muros e Noia, Arousa, Pontevedra e Vigo. As Baixas son de maior profundidade que as Altas; outro elemento que as diferencia é que as Baixas teñen illas na súa entrada que as protexen do mar aberto; en parte debido a estra protección, os fondos que predominan nas Baixas son de lama e nas Altas de area.
A ría de Vigo, na provincia de Pontevedra, é a máis meridional das Rías Baixas galegas. É unha das maiores de Galicia, cunha superficie de cento setenta e seis quilómetros cadrados, trinta e tres quilómetros de extensión e unha anchura variable entre os dez quilómetros da boca atlántica, entre Cabo Home e Monte Ferro, e os seiscentos metros do estreito de Rande. A diferencia das rías de Muros, Arousa, Pontevedra que se estreitan no fondo, a de Vigo faino en Rande, volvéndose a ensanchar no fondo da ría na enseada de San Simón. A súa costa baña os concellos de Cangas, Moaña, Vilaboa, Pontevedra, Soutomaior, Redondela, Vigo e Baiona. O seu acceso occidental está protexido pola Illas Cíes que forman parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas. No interior están as illas de Toralla e as do conxunto de San Simón e San Antón.
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar