Fotografía de Willy Sifones Fotografía de Elentir

Ría de Vigo


A Ría de Vigo

A ría de Vigo, na provincia de Pontevedra, é a máis meridional das Rías Baixas galegas.

O litoral da ría de Vigo é moi recortado e caracterízase pola sucesión de enseadas e penínsulas. Aparte da xa mencionada badía de San Simón cabe desatacar a de Redondela nesta marxe da Ría, e a zona de marismas coñecida como A Ramallosa. Na marxe contraria da ría atópanse as de Barra, Liméns, Cangas e Moaña; estas penetracións combínanse con pequenas penínsulas como a de Montefero en Nigrán na marxe meridional, e na outra marxe o Cabo Home.

Nas costas da ría sucédense os numerosos areais; máis dun centenar adornan a ribeira, que a fan, si cabe, máis atractiva para o turismo; na marxe setentrional destacan os de Xunqueira ou de Moaña, Liméns, Barra ou de Nerga entre outros, e na meridional, concentrados entre Bouzas e Baiona, os de Samil, Praia América, Panxón ou Patos.

Na área de Vigo ata Rande os areais foron eliminados polas sucesivas ampliacións do porto; no interior, pasando o estreito, destaca o areal de Cesantes. A achega de auga doce á ría conxúgase coas augas salgadas do mar, e provoca un ciclo de correntes e mareas favorables para o desenvolvemento do marisco e a vida mariña. A ribeira norte percibe auga dos ríos da Fraga e o do Pontillón, mentres que na sur os máis importantes son o Verdugo-Oitaben, o Miñor, o da Groba e o Lagares.

A riqueza biolóxica da ría de Vigo radica no afloramento das súas augas. Con frecuencia renóvase a auga da superficie cas frías e profundas do Atlántico que portan gran cantidade de nutrientes. A riqueza en recursos mariños das augas da ría, tanto pesqueiros como de marisqueo, pode explicar, en parte, a evolución histórica da cidade, sempre vinculada ao mar e ás súas industrias, e como consecuencia, o gran desenvolvemento urbano e industrial nos territorios da súa ribeira.

A ría é rica en polbo, sardiña, lura, linguado, crustáceos coma a nécora ou o camarón, e moluscos bivalvos coma o berberecho, a ameixa, a ostra e o mexillón. Estes dous últimos cultívanse en bateas, chegando as de mexillón a ser máis de 500 na ría e facendo que sexa a segunda, despois da de Arousa, en volume de producción. Rodean a ría unha serie de formacións graníticas moi erosionadas, onde algunha delas chega a superar os seiscentos metros de altitude, como o faro de Domaio, o Galleiro e o Galiñeiro. Os seus espacios naturais protexidos supoñen un aliciente máis para gozar da natureza da ría; son a enseada de San Simón, as marismas da Ramallosa, o cabo Home, as Illas Estelas e as Illas Cíes.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar