Grandes cubos iluminados que suxiren contedores de mercadorías portuarias conforman a exposición permanente do segundo edificio, na que podemos ver documentos de vídeo e audio, pantallas interactivas e obxectos orixinais relacionados coa historia da pesca. Pero o Museo do Mar non só é a colección permanente: explora tamén as exposicións temporais.

Accedemos á exposición permanente pola pasarela superior dende onde se pode observar parte da montaxe expositiva. Os grandes cubos iluminados, que queren recordar a disposición dos contedores portuarios, gardan no seu interior a esencia da relación dos galegos co mar: a explotación, a conservación e a comercialización dos seus recursos naturais. A exposición está dividida en grandes bloques temáticos, cada un relacionado cos estes piares fundamentais da industria pesqueira, completándose co bloque científico, no soto do edificio.

Paneis con explicacións, documentais de vídeo e audio, pantallas interactivas, documentos de arquivo e multitude de pezas expositivas serán os compañeiros de visita durante todo o percorrido. Ademais, o polbo e o marisco axudarán a comprender os procesos extractivos, a sardiña as técnicas de salgadura e a pescada os procesos de venda, lonxas, rutas e mercados.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar