• gl
Patache navegando fronte á illa da Toxa na Ría de Arousa Xogando na praia. ca 1900 Agardando pola pesca. No peirao da Moureira (Pontevedra)

Banner Exposicion Arredor do Mar


Arredor do Mar

Selección de fotografías do Museo de Pontevedra, que atopa no Museo do Mar de Galicia un marco moi apropiado para a sua exhibición

Nenos xogando a beira do mar, mulleres mariscando au traballando nas fabricas de conserva e salga, mariñeiros en diferentes labores,dornas, lanchas de relinga, pataches, vapores, faros, peiraos e vistas da beiramar (hoxe moi cambiadas), praias e instalacións de lecer …son, entre outros, as temas recollidos nesta selección de fotografías do Museo de Pontevedra, que atopa no Museo do Mar de Galicia un marco moi apropiado para a sua exhibición.

A exposición abarca desde finais do s. XIX a mediados do s. XX. Nela móstranse 64 imaxes tomadas tanto par recoñecidos fotógrafos profesionais, como* Francisco Zagala, Lorenzo Novas, Joaquín Pintos, Otto Wunderlich, Enrique Sarabia au Jose Suárez*, coma par persoeiros que tiñan na fotografía a sua grande afección, e o caso do empresario vigues Martín Echegaray, o xuiz Jose Bellver, o comandante de infantería Julio Fernandez de los Rios au o italiano Atilio Gaggero, moi ligado as empresas conserveiras de Bueu.

As imaxes mais antigas son as de Francisco Zagala e o seu discípulo e sucesor Lorenzo Novas. Ambos traballaron para a Sociedad Arqueológica de Pontevedra, institución creada en 1894 e pioneira na recuperación do patrimonio cultural. As suas fotografías posuen un grande interese como documentos históricos, antropolóxicos au
sociais, amosando escenas do traballo habitual das xentes que vivían do mar nas diferentes vilas da provincia de Pontevedra a finais do s. XIX.

Joaquín Pintos déixanos o único testemuño gráfico da protesta dos mariñeiros do xeito contra a arte da traiña durante a visita da raiña rexente Maria Cristina eo seu fillo o principe Alfonso, futuro Alfonso XIII. Coas fotografias tan coidadas deste fotógrafo pontevedres, que tamén amosou a fascinación que o mar exerce sabre as artistas, introducímonos no s. XX.

As imaxes de Otto Wunderlich ofrecennos o mar como destino turistico. As praias de Sanxenxo, Bueu au Cangas que el fotografou convertéronse nos símbolos turísticos por excelencia das nosas terras. Este fotógrafo aleman percorreu en 1929 a provincia de Pontevedra facendo fotografías par encargo do recentemente creado Patronato de
Turismo para ilustrar as seus folletos publicitarios, polo que se converteu no pioneiro deste tipo de actividade en España.

0 traballo da muller nas fabricas conserveiras esta ben representado nas obras seleccionadas, unha delas de Enrique Sarabia, quen realiza unhas fotografias dunha grande calidade técnica e valor documental.

Na serie Beiramar, realizada polo fotógrafo galego José Suárez a comezos da década dos trinta, apreciase a influencia que sobre a súa obra presentan as vangardas artísticas europeas do momento, apreciables tanto na preocupación estética das composicións coma na importancia que le da a natureza, neste caso o mare os obxectos que con él se relacionan.

As fotografías dos afeccionados, case todas dos anos vinte, enriquecen a visión que sabre o mare o que sucede arredor del nos proporcionan as obras dos profesionais mencionados.

As veces son fotografías de grupos familiares en actividades de lecer no ámbito do privado. Noutras ocasións teñen unha motivación diferente e desvelan unha pretensión estética apreciable. Son imaxes inéditas, coma nos casas de Fernández de los Ríos ou Martín Echegaray, a pesar de que estes autores publicaron en diversas revistas, como na coñecida Vida Gallega.

Nas fotografías de Jose Bellver, tomadas na ria de Arousa cando estivo de xuíz en Cambados, búscanse os efectos de luz, con frecuentes contraluces e efectos luminosos na auga. Este fotógrafo afeccionado foi presidente da Agrupacion Fotográfica Galega e editou moitas das suas imaxes nunha coleccion de tarxetas postais baixo o epígrafe de Estampas Gallegas.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar