• gl

exposición conservar a memoria chas


CONSERVAR A MEMORIA. Fotografías de Chas

Exposición fotográfica correspondente ao gañador da II Bolsa de Creación Fotográfica O MAR , X.A. F. Chas, Comisariada por Manuel Sendón e X.L. Suárez Canal e organizada polo Museo do Mar de Galicia. Recolle fábricas de salazón e conserveiras abandonadas como denuncia da perda do Patrimonio Industrial Costeiro de Galicia

II BOLSA DE CREACIÓN FOTOGRÁFICA O MAR

Organiza: Museo do Mar de Galicia
Comisaría: Manuel Sendón, S. L. Suárez Canal, Centro de Estudos Fotográficos

Museo do Mar de Galicia, 16/12/2010 ao 03/04/2012

FOTOGRAFÍA: A MEMORIA ENLATADA
Na orixe deste proxecto atopamos a necesidade de rescatar unha parte da nosa historia e do noso patrimonio. É esa parte onde iniciamos o noso camiño como sociedade moderna e industrial. Recuperala a través do visor dunha cámara fotográfica pareceume a forma máis axeitada, por varios motivos.
En primeiro lugar, porque fotografar estas vellas fábricas supón un regreso aos inicios da historia fotográfica. O uso da cámara para a elaboración dun arquivo, a elección dunha temática que versa sobre a arquitectura, a exploración e os cambios sufridos no territorio, a utilización da imaxe fotográfica como unha tecnoloxía que nos permite ter unha visión pausada da “realidade” son cuestións inherentes ao medio fotográfico dende a súa orixe. En segundo lugar, porque, curiosamente, a invención da fotografía e a da conserva hermética de peixe son practicamente coetáneas. E non acaban aquí os paralelismos; en ambos os casos obtemos produtos derivados dunha mecanización, pensados para prolongar a súa duración no tempo.Poderiamos chegar a definir a fotografía coma un método de conserva de espazos, de persoas, de momentos; é unha especie de memoria en lata, máis aínda cando penso naquelas caixas de latón onde se gardaban as vellas fotografías familiares.
Presento, polo tanto, un proxecto que intenta ir máis aló do simplemente captado pola cámara. Non se trata da realización dun mero exercicio de arquivo. É unha reflexión acerca dos cambios experimentados na sociedade e no territorio. É devolverlles por un intre a estes edificios aquela importancia que algún día tiveron a través dunha mirada limpa e respectuosa. É unha forma de non esquecer, unha maneira de conservar a memoria.

Chas


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar