Fotografía de Manuel Vicente



Peirao

Situado na nave da antiga fábrica, o Peirao é a sala central do Museo, onde se dá a benvida ao visitante.

Neste espazo é onde se obtén a primeira información sobre o Museo. Dá acceso ás salas de exposicións temporais, ao auditorio e ás zonas de traballo.

A primeira peza que atopa o visitante é o orixinal submarino Sanjurjo, construído a finais do século XIX en Vigo por Antonio Sanjurjo Badía. No seu taller de caldeiraría e fundición, “La Industriosa”, constrúe a primeira caldeira de vapor da cidade. No seu taller coñece a Julio Verne. A amizade entre ambos e o seu espírito emprendedor fai que Sanjurjo se decida a construír este submarino.

No contexto da guerra de Cuba a boia lanzaminas (botada ao mar o 12 de agosto de 1898) tiña o propósito de defender a ría de Vigo contra unha posíbel agresión da flota dos Estados Unidos. As probas de navegación foron un éxito, pero non chegou a utilizarse pola firma do armisticio.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar