A riqueza biolóxica da costa galega foi durante séculos unha fonte de recursos alimentarios e económicos para as poboacións do litoral. Na súa orixe explotábase o mar recollendo os recursos da zona da costa, e a medida que os avances técnicos favorecen tanto a navegación como a pesca, a súa actividade proxéctase cara o mar. Estes recursos máis próximos son o marisco, en especial bivalvos como ameixa e ostras, e o polbo. Dátanse na época castrexa xacementos arqueolóxicos con depósitos de cunchas mariñas que evidencian xa esta actividade marisqueira. Non pasa desapercibido o parque ostrícola, ideado por Mariano Paz Graels a imaxe dos utilizados en Francia onde se crían as ostras cunha serie de procedementos, axudando á fixación das larvas cunha serie de colectores, establecemento de zonas de cría e engorde protexidas do ataque dos depredadores, e unha zona onde se estabulan os exemplares para a venda.
As necesidades da industria conserveira de atopar unha especie alternativa á sardiña fai que se desenvolva rapidamente esta industria nas décadas seguintes, aínda que non tardou en cobrar importancia o seu consumo en fresco.
Actualmente, as bateas son estructuras cadradas ou rectangulares compostas por trabes e pontóns a xeito dun enreixado, sostidas por boias e fondeadas cun morto de cemento. As bateas están distribuídas polas rías en polígonos perfectamente delimitados e na actualidade son máis de 3.350, o 70% na ría de Arousa, as que moran nas rías galegas formando parte da súa fisionomía. A producción anual sitúase arredor das 300.000 toneladas de mexillón, o que representa o 95% da producción española, o 40% da producción europea e o 20% da producción mundial.
O polbo é unha das especies máis demandadas pola tradicional gastronomía galega. Aínda que se vinculase tradicionalmente co consumo familiar e coa pesca artesanal de baixura xa dende a Idade Media, coa aparición da flota conxeladora na segunda metade do século XX, o polbo elíxese como alternativa á pescada nos caladoiros, primeiro no banco Canario-Sahariano, e despois no de Boston –St. Georges Bank- e no das Malvinas.
Outro dos mariscos galegos máis apreciados e demandados en Galicia é o percebe. A escaseza e a perigo que supón a súa captura convérteno nun producto de elevados prezos.
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar