• gl



“OCÉANO” de Antón Patiño

Do 17 de setembro ao 30 de novembro poderase visitar na nosa sala de exposicións temporais esta magnífica exposición.

Primeira exposición monográfica adicada ao océano deste coñecido artista a nivel mundial, composta por 18 obras, 12 delas de gran formato, que nos mergullan na inmensidade do gran azul, que nos levan por un mundo de sentimentos … o medo, a soidade, pero tamén o risco e a aventura.

Na exposición atopamos obras como “Ollos de Boi”, dende a que miraremos ao mar, “Memoria Subacuática”, onde viaxaremos ás profundidades ou “Furna de Fingal” que nos sitúa no interior dunha furna coas súas columnas de basalto dende a que axexamos á masa hipnótica do azul.

A exposición estará aberta dende o mércores 17 de setembro ao domingo 30 de novembro en horario de apertura do museo

A entrada será de balde a primeira semana (do mércores 17 ao domingo 21 de setembro) despois aplicaranse as tarifas habituais do museo


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar