• gl



EXPOSICIÓN TEMPORAL “CREBAS” de Manuel Sendón.

Cando: do 4 de decembro 2020 ata o 31 de xaneiro 2021

Lugar: Sala de exposicións temporais do 2º edificio do Museo do Mar de Galicia.

A exposición é gratuíta e permanecerá aberta no seguinte horario:

  • De martes a venres de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00
  • Sábados, domingos e festivos de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00

Ao longo da historia, son moitos os relatos artísticos e literarios que versan sobre obxectos arrastrados polo mar ata a costa. Neste contexto, Manuel Sendón inaugurou esta semana “Crebas”, unha mostra individual na que amosa a súa visión persoal arredor deses restos atopados

“Crebas” é unha serie fotográfica realizada entre os anos 2007 e 2020 nun areal da Costa da Morte, a praia do Rostro, en concreto conta con trinta fotografías de gran formato e un políptico de sesenta máis pequenas.

Coa colaboración da Universidade de Vigo


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar