Proxecto Costa da Morte é o resultado de convidar tres artistas a traballar na zona de Fisterra, sen ningunha esixencia narrativa ou descritiva. Non se trataba de realizar tres reportaxes sobre esta zona, senón ce convertela en territorio de creación artística, de xeito que aparecese reflectida só na medida en que eles determinasen libremente en función dos seus proxectos estéticos.
#h3. Sala de exposicións temporais
#h3. 4 febreiro-8 de maio
Proxecto Costa da Morte é o resultado de convidar tres artistas a traballar na zona de Fisterra, sen ningunha esixencia narrativa ou descritiva. Non se trataba de realizar tres reportaxes sobre esta zona, senón ce convertela en territorio de creación artística, de xeito que aparecese reflectida só na medida en que eles determinasen libremente en función dos seus proxectos estéticos.
Luis González Palma, guatemalteco residente na Arxentina, en Ara Solis evoca o mar como medio para a viaxe, o soño e a fantasía. E pide a participación do visitante,a través da escritura nas postais dunha reflexións sobre a viaxe, o mar unha lembranza…
Graciela Sacco, arxentina, en Calquera saída pode ser un encerro, aborda os significados tan diferentes que pode ter o mar. Un medio de vida, un camiño para a emigración, pero tamén o causante da soidade ou da morte.
Por último, o galego Fran Herbello, en Bonito, 18 de xaneiro de 1960, réndelles unha homenaxe aos mariñeiros afogados do barco Bonito e ao seu avó, morto nas mesmas circunstancia. Deixa de lado os materiais fotográficos convencionais para que o sol produza directamente as imaxes sobre teas negras similares ás empregadas no loito
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar