Lugar: Sala de exposicións temporais do 2º edificio do museo
Datas: Do 28 de xullo ao 9 de setembro 2018
Horario: horario de apertura habitual do museo
Prezo: Gratis coa entrada ao museo (3 euros a entrada xeral, 1,50 euros entrada reducida –estudantes, desempregados/as, xubilados/as e familias numerosas– e os menores de 8 anos non pagan).
Nesta exposición, froito da colaboración entre o Museo do Mar de Galicia e o Museo Massó de Bueu, móstranse 50 fotografías que foron seleccionadas de entre todas as presentadas ao I Concurso de fotografía Museo Massó 2017 dedicado á carpintaría de ribeira tradicional.
A exposición bríndanos a oportunidade de nos mergullar nun patrimonio histórico que constitúe un dos principais tesouros da nosa cultura marítima e do noso patrimonio cultural
A carpintería de ribeira tradicional comprende tanto as técnicas de navegación tradicionais e as embarcacións tradicionais, como o oficio e o taller ou estaleiro. Estes modestos estaleiros forman parte da arquitectura popular e neles constrúense as pequenas embarcacións de madeira dedicadas á pesca de baixura.
Lamentablemente este mundo sufriu un proceso de crise, marcado fundamentalmente pola regresión da pesca artesanal, pola introdución de novas técnicas de construción naval e pola falta de protección; todo isto provocou a desaparición de máis do 60% de establecementos durante a última década, unha porcentaxe que se está incrementando cada ano polo abandono e as malas prácticas derivadas do descoñecemento; aínda así, Galicia pode considerarse hoxe como a reserva da carpintaría de ribeira en Europa, así que sabendo isto, Galicia asume unha gran responsabilidade na conservación da carpintaría de ribeira, e para evitar novas perdas, debemos chamar a atención e espertar sensibilidades cara este sector clave do noso patrimonio histórico que, polo seu carácter humilde, non está suficientemente valorado e corre o risco de desaparecer.
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar