“Pegadas na auga” é un proxecto artístico transdisciplinar que propón un diálogo entre diferentes territorios, obxectos e persoas para afondar nas experiencias da migración e na construción da identidade cultural.
A través dun conxunto de obras que inclúe pinturas, gravados, fotografías e instalacións, a proposta reúne relatos orais e obxectos herdados que foron transmitidos ao longo das xeracións. Estes elementos, cargados de memoria, convértense en testemuñas dos desprazamentos, das ausencias e dos vínculos que permanecen no tempo.
O proxecto pon o foco na experiencia de ser fillo ou neto de persoas migrantes, reflexionando sobre a pertenza a múltiples lugares e sobre a necesidade de volver —real ou simbolicamente— a esa terra de orixe que forma parte da identidade.
“Pegadas na auga” convida a preguntarse que é o que se conserva, que relatos sobreviven e como os recordos e as palabras constrúen un espazo común ao que regresar. Unha proposta que aborda a migración como unha experiencia viva, marcada pola memoria, a nostalxia e o continuo ir e vir entre territorios.
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar