O Museo do Mar de Galicia ten o pracer de mostrar “Quino na música”, a exposición máis importante de orixinais do autor realizada ata a data en todo o mundo. Reúne páxinas e viñetas de humor e unha sección dedicada a Mafalda, todo elo coa música como eixo vertebrador.
Comisariada por Judith Gociol, experta en Quino e Guille Lavado, sobriño do autor (o Guille de Mafalda), a mostra recolle máis de 100 orixinais, obras que van desde os anos 50 ata os últimos traballos nos anos 90.
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar