• gl



Exposición temporal "AS MARCAS DE PESCADORES. Póvoa de Varzim e A Guarda".

  • Cando: do 27 de xullo ao 15 de setembro de 2019
  • Lugar: Sala de exposicións temporais do 2º edificio do Museo do Mar de Galicia.

Nesta exposición froito da colaboración cos nosos veciños portugueses de Póvoa de Varzim poderán ver a estreita relación entre dous pobos mariñeiros de diferentes países pero con moitas similitudes entre si, pois non só comparten a mesma tipoloxía de artes de pesca senón moitas cousas máis, entre elas o funcionamento do sistema de marcas de pescadores, todo un verdadeiro sistema que merece a pena descubrir e que se poderá coñecer nesta exposición temporal.

A mostra poderá visitarse no espazo adicado ás exposicións temporais do 2º edificio do noso Museo, permanecerá aberta ao público do 27 de xullo ao 15 de setembro no horario de apertura habitual do museo


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar