CANDO: do 12 de maio ao 30 de xuño de 2021
LUGAR: Sala de exposicións temporais do 1º edificio do Museo do Mar de Galicia.
A exposición é gratuíta e permanecerá aberta no seguinte horario:
Esta exposición forma parte dun proxecto artístico conxunto de carácter literario e fotográfico, concibido en 1990 entre a poeta Xela Arias e o fotógrafo Xulio Gil, nela poden verse 48 fotografías de gran formato acompañadas por textos de Xela Arias.
Para a realización do proxecto poeta e fotógrafo propuxéronse facer cada quen 24 orixinais en cadanseu medio e cadansúa respectiva soidade, logo intercambiaronse e cada un deles traballou 24 novas creacións sobre os orixinais do outro, e aquí o resultado, unha exposición que non deixará indiferente ás persoas visitantes.
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar