• gl



O CAMIÑO POR MAR. De Dublín a Compostela

CANDO: Do 7 de xuño ao 31 de outubro de 2019
ONDE: 2º edificio do Museo do Mar de Galicia.
HORARIO: horario de apertura habitual do museo

“O Camiño por Mar” é moito máis que unha exposición, é un proxecto no que dar a coñecer a aventura dun grupo de amigos irlandeses que decidiron facer o Camiño de Santiago por mar dende Irlanda nunha embarcación a remos tradicional irlandesa.

Este proxecto inclúe unha pequena exposición onde poder coñecer non soamente a viaxe realizada dende Dublín, senón tamén as atemporais relacións entre Galicia e Irlanda, coa novidade de poder ver durante os primeiros días como se reconstrúe o bote empregado para a travesía, o cal estaba depositado no museo despois de naufragar na desembocadura do Miño.

O horario e días de reconstrución previstos do bote son do 8 ao 18 de xuño de martes a venres de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 19:00 e sábados e domingos de 11:00 a 14:00 e 17:00 a 20:00


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar