O Museo do Mar de Galicia ten o pracer de expoñer nunha das súas salas de exposicións temporais unha fantástica mostra de XOGOS E XOGUETES ANTIGOS relacionados co mundo do MAR, pertencentes todas a amplísima colección da Fundación Raquel Chaves e ao MuGain (Museo Galego da Infancia, Xogo e Xoguete)
O desexo da Fundación e do Museo é que todos os visitantes da exposición atopen reflexos da súa infancia e que os pequenos e as pequenas da casa tamén disfruten vendo xogos que nunca antes viran e que lles gustarán de seguro.
A exposición estará aberta ata o 30 de marzo en horario de apertura do museo: de martes a domingo de 10 a 14 h e de 17 a 19 horas
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar