• gl



Exposición temporal "ONS SOA" de Paula Ballesteros-Arias.

  • CANDO: Do 14 de maio ao 3 de xullo de 20226
  • ONDE: Sala de exposicións temporais do 2º edificio do Museo do Mar de Galicia.
  • HORARIO: horario de apertura habitual do museo
  • ENTRADA GRATIS

Exposición comisariada pola arqueóloga e etnógrafa Paula Ballesteros-Arias, quen a partir do seu traballo de campo na Illa de Ons, mostra unha selección de imaxes e sons que proceden da súa investigación no Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC entre 2009 e 2013 xunto con materiais propios que foi recompilando dende finais dos 80 ata o 2016.

Esta exposición é unha visión persoal, na que se conxugan as vivencias persoais na illa coas dos proxectos de investigación que alí se levaron a cabo.

Según conta a súa autora “Trato de plasmar diversidade dun territorio illado, relativamente pequeno, onde os contrastes son unha parte esencial que marcan a súa singularidade, partindo do que vemos, do espazo físico onde as súas vertentes leste e oeste están claramente diferenciadas. Cara ao mar aberto do Atlántico ten unha costa abrupta e recortada con pequenas enseadas de coídos, acantilados e covas mariñas ou furnas. Porén, cara á ría, os areais ocupan unha parte moi importante do espazo, e onde atopamos a paisaxe agraria e o espazo social cos pequenos núcleos diseminados ao longo de toda esta parte de costa, e é onde se produce a vida social. Esa dualidade tan marcada é o inicio do percorrido da exposición.”

A visita á mostra pode completarse co:

  • Visionado do documental “Ons, mar, terra e identidade” (2009) Dirección: Dabezies, J. M.; Realización: Dabezies, J. M.; Ballesteros-Arias. Clickar aquí para velo

Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar