• gl



¿ACUICULTURA? DESCÚBRELA

Esta exposición impulsada pola fundación OESA pretende achegar, de xeito ameno e didáctico, a realidade da acuicultura española, con todas as súas peculiaridades, ao público xeral, ofrecendo información sobre os sistemas e procesos produtivos que se empregan, así como os distintos produtos que se xeran neste sector.

A mostra repasa a historia da acuicultura, a produción deste sector en España, os cultivos mariños e continentais, o importante papel que xoga na alimentación e a gastronomía, a importancia da I+D+i e a relevancia desta actividade no desenvolvemento sostible e a cooperación internacional. Ademais tamén incídese nas características da actividade acuícola no Mediterráneo e se proporciona información sobre a dieta mediterránea e os seus relevantes beneficios para a saúde.

“¿Acuicultura? Descúbrela” conta co atractivo engadido de mostrar diversos acuarios nos que se poderán ver especies vivas de rodaballo, ollomol, robaliza, anguía, esturión e troita, entre outras.

A exposición estará aberta dende o 14 de xuño ata o 4 de setembro en horario de apertura do museo

Para máis información sobre a exposición e os seus contidos poden ir ao seguinte enlace


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar