• gl



Exposición temporal "PINGAS ROMPENTES"

Cando: do 1 de outubro 2021 ata o 9 de xaneiro 2022

Lugar: Sala de exposicións temporais do 2º edificio do Museo do Mar de Galicia.

A exposición é gratuíta e permanecerá aberta no seguinte horario:

  • De martes a venres de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00
  • Sábados, domingos e festivos de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00

“Pingas rompentes” forma parte do proxecto “Unha mirada a Galicia”, que se asoma á creación galega contemporánea a través da Colección CGAC.

Nesta ocasión, propoñemos unha selección específica de obras para o contexto do Museo do Mar de Galicia. Un relato conxunto que visibiliza o interese pola auga, os seus tránsitos e derivacións, que en cada caso se asumen desde o político, o estético ou o social. Como esas pingas que irrompen nas rochas facendo resoar os seus ecos, asomámonos a un conxunto de pezas que asimilan desde un discurso propio a lóxica dos fluídos, que exploran os reflexos e a flutuante incidencia da luz, vencellan a súa memoria íntima ao latexar dun territorio ou revisan a historia para achegarnos a novas narrativas. Instándonos a investigar todo aquilo que subxace á atracción atlántica, esta mostra busca operar no imaxinario das artistas como unha esfera armilar a través da cal é posible localizar a nosa paisaxe máis plural.

Artistas: Carla Andrade, Berta Cáccamo, Eva Díez, Christian García Bello, Xurxo Gómez Chao, Vítor Mejuto, Álvaro Negro, Carme Nogueira,
Pamen Pereira, Andrés Pina

Pódese descargar o folleto da exposición clikando aquí


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar