“SINCRONÍA-TEMPO E XESTO” confronta a serie pictórica Fuzzy de Gonzalo Sellés Lenard (Ferrol, 1965) cunha selección de pezas da serie *Études da artista afincada en París, Ana Pérez Ventura (Santiago de Compostela, 1981).
Estes dous artistas pertencen a xeracións distintas pero o seu traballo xorde dun criterio organizativo e efecto estético construtivo baixo un halo de dimensión poética e musical.
A mostra Sincronía – Tempo e Xesto inmortaliza o tempo intanxible do proceso creativo desde o recurso ata a representación. Valora o xesto, o proceso e as variacións rítmicas que se establecen mediante a repetición de liñas ou un elemento ad infinitum con efecto envolvente.
A montaxe expositiva exhibe polípticos, dípticos e obra en formato circular.
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar