• gl



Exposición temporal "100 anos de RC Celta. Gol e Arte"

  • CANDO: do 24 de xaneiro ata o 19 de marzo de 2023
  • ONDE: Sala de exposicións temporais do 2º edificio do Museo do Mar de Galicia

ENTRADA DE BALDE.

O noso museo súmase ás celebracións do Centenario do RC Celta a través da organización desta exposición temporal que conta cunha selección estudada dos fondos pictóricos da Fundación Celta de Vigo, obras de grandes pintores galegos, algunhas delas relacionadas con temas marítimos.

Con esta mostra, tanto o Museo como o Celta, queren estreitar lazos de colaboración futuros, do mesmo modo que incidir en que a entidade celeste é moito máis ca un club de fútbol, pois tamén é un exemplo de institución preocupada polo fomento da cultura no seu territorio.

Posiblemente este sexa o fin último desta exposición temporal da Fundación Celta de Vigo no Museo do Mar de Galicia, mostrar a toda a cidadanía viguesa, así como a toda Galicia en xeral, unha selección dos fondos pictóricos que atesoura e coida nas súas instalacións.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar