ENTRADA DE BALDE.
Exposición dedicada a Antonio Palacios, un recoñecido arquitecto, un urbanista de referencia e un dos nomes que conformaron o panorama cultural galego de principios do S. XX, unha figura imprescindible, un galego que nunca deixou de exercer como tal e que levou o nome de Galicia por gran parte da península a través de espazos icónicos coa súa personalidade inconfundible.
Na exposición poderanse coñecer os seus grandes proxectos realizados en Madrid pero tamén aqueles que deseñou expresamente para a súa terra, Galicia.
Entre as obras expostas poderanse ver maquetas, fotografías e planos dos seus proxectos, así coma algúns obxectos deseñados por el mesmo.
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar