• gl



A conquista do mundo submarino

Nesta sala do primeiro edificio pódese contemplar a evolución dalgúns dos métodos e técnicas empregados ao longo da historia para mergullarse, entre outras pezas amósanse traxes de mergullo e pezas como as que se empregaron para tentar recuperar os “tesouros” da Bataia de Rande.

Na sala atópase unha das pezas estrela do museo, como é a Boia lanzatorpedos de Sanjurjo Badía, submarino construído en Vigo a finais de 1800.

A boia está acompañada doutros elementos entre os que se atopan: un traxe de mergullador do S. XVIII, unha maqueta dunha campá de mergullo ou inmersión, un Equipo Siebe- Gorman, que é un traxe de mergullador do S.XIX , e un equipo de mergullo autónomo con bombonas de aire comprimido.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar