• gl



MEXILLÓN DE GALICIA. Xurxo Lobato

“Mexillón de Galicia” é moito máis que unha sucesión de fermosas fotografías. Trátase dun relato visual ao que compre achegarse con ánimo sereno, pero, á vez, cos ollos prestos para reparar nos seus detalles.

Detalles que mostran beleza, laboriosidade, pero que tamén falan de personas capaces de por en pé unha industria e facela avanzar.

Esta mostra é unha narración protagonizada por homes e mulleres que co seu traballo foron quen de crear unha actividade sostible, xeradora de riqueza e con capacidade para facer prosperar as comarcas costeiras de Galicia.

Os rostros dalgunhas desas xentes foron recollidos polo obxectivo de Xurxo Lobato. Son imaxes cheas da forza pero tamén de sutileza. Instantáneas con alma propia que axudan a entender como se forxa unha identidade, a dos que integramos a gran familia de Mexillón de Galicia.

A mostra poderá visitarse TOTALMENTE DE BALDE, no espazo adicado ás exposicións temporais do Museo e permanecerá aberta ao público do 26 de maio ao 24 de xullo 2016 no horario de apertura habitual do museo

Para consultar o díptico clickar aquí


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar