Exposición de Manuel Penín, artista afincado en Nigrán dende fai dous anos e que recentemente abriu un obradoiro aquí en Alcabre.
Este artista, coñecido tanto a nivel nacional como internacional, non só desenvolveu proxectos e exposicións na nosa terra, tamén o fixo en lugares como Berlín, Nova York e Cuba.
“Mareas”, definida polo propio artista como “natureza, cor e vida”, consta de 50 obras, a maioría óleos, aínda que tamén algún acrílico, que xiran en torno á temática do azul, o mar e as mareas, pero aínda vai máis alá, pois “nos escenarios de Manuel Penín, sempre ecoa una alegoría, una resonancia cósmica. Paisaxes interiores nos cales as posibles interpretacións se expanden; as mareas tórnanse mareas de consciencia; a luz aspira a ser iluminación ou lucidez; e a práctica da pintura apunta para un exercicio activo de meditación, un camiño de busca espiritual e autocoñecemento”.
Para máis información sobre o artista podedes consultar a súa WEB
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar