As embarcacións tradicionais do arco ártabro ata a ría do Eo

O traballo de investigación recolleu diferentes tipoloxías de embarcacións tradicionais e salientou as diferencias entre fasquías que cadansúa presenta ao longo da costa.
A exposición está composta por 43 paneis nos que dase conta da enorme riqueza patrimonial marítima que hai no Norte de Galiza, un mar e unha costa diferente.

LIMIAR
Ao abeiro dun Premio Didáctico Antonio Fraguas do Museo do Pobo Galego estudantes do Bachelerato de Artes do IES “Concepción Arenal” de Ferrol, dirixidos polos profesores Enrique Freire Hermida e Bernardo Máiz Vázquez, recorreron toda a costa norte galega recollendo as tipoloxías e denominacións propias de embarcacións, remos, velas e materiais de construcción das embarcacións desa área, tan vivas, activas e navegantes en Ferrolterra, Ortegal e na Mariña de Lugo como as dornas ou as gamelas no sur de Galiza.

EXPOSICION
O traballo de investigación recolleu diferentes tipoloxías de embarcacións tradicionais e salientou as diferencias entre fasquías que cadansúa presenta ao longo da costa. Así compáranse os botes da marina (feitos no Ferrol) cos de Ribadeo, as zocas cas bucetas, os botes ferrolás de media construción cos botes enteiros pulpeiros, as traiñas cas lanchas ou os patexeiros cos bois da molida.
A exposición está composta por 43 paneis nos que dase conta da enorme riqueza patrimonial marítima que hai no Norte de Galiza, un mar e unha costa diferente.
A Exposición é itinerante. Iniciu singraduras no Museo do Pobo Galego en Santiago, recalando logo no Ferrol.
No Museo do Mar de Galicia poderá ser visitada a partir do mércores día 11 de Febreiro na sala de exposición permanente.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar