• gl



Exposición temporal "Albino Fernández (1921-2021)"

  • CANDO: Do 14 de xullo ao 11 de setembro de 2022
  • ONDE: Sala de exposicións temporais do 2º edificio do Museo do Mar de Galicia.
  • HORARIO: horario de apertura habitual do museo
  • ENTRADA GRATIS

Exposición de gravado comisariada por Carlos L. Bernárdez e Xoán Pastor Rodríguez Santamaría , froito da dinámica de colaboración do Museo do Mar de Galicia con outras institucións, neste caso coa Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital.

Esta mostra se concibe como unha homenaxe ao artista Albino Fernández, fillo de galegos emigrados a América, considerado unha figura fundamental do gravado arxentino do século XX.

Nela poderemos ver gran parte dos gravados deste artista, algúns dos cales están relacionados co mundo do mar.

Albino Fernández naceu en Cuba en 1921, en 1929 volveu coa súa familia a Galicia a causa da crise económica internacional, onde residiu ata 1932, cando emigrou de novo coa súa familia, esta vez a Arxentina, onde se converteu nunha referencia no mundo do gravado pero tamén da pintura, ademais colaborou en varios libros e revistas. En 1963 visitou de novo Galicia e España, visita que inspirou unha serie de obras, algunhas das cales pódense ver nesta exposición.

Ademáis na mostra poderase visionar o documental “Albino Fernández García – Centenario 1921-2021”, dispoñible CLICKANDO AQUÍ


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar