Dante Alighieri e Salvador Dalí chegan ao noso museo da man da Società Dante Alighieri de Vigo, o Museo do Gravado de Artes de Ribeira e do Fondo Histórico da Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago de Compostela.
Aínda que máis de seis séculos separan a Dante Alighieri de Salvador Dalí, ambos comparten a capacidade de transformar a imaxinación en visión, algo do que seremos testemuñas grazas a esta nova exposición temporal que reúne os gravados cos que Dalí reinterpretou A Divina Comedia e unha selección de edicións históricas da obra, algunhas auténticas xoias bibliográficas, como un incunable de 1481.
Ademais, a exposición rende unha homenaxe especial a Darío Xohán Cabana, figura fundamental da literatura galega, quen, entre outras obras, traduciu A Divina Comedia de Dante Alighieri ao galego.
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar