• gl



Exposición temporal “Galicia litoral máxico. Asubíos, rompentes e cantigas”

  • CANDO: do 11 de decembro 2025 ao 31 xaneiro 2026
  • HORARIO: No horario de apertura do museo CLICKAR AQUÍ para consultar
  • ONDE: Sala exposicións temporais 2º edificio do Museo do Mar de Galicia (Avda. Atlántida, 160. Vigo)
  • Entrada GRATIS.

Esta mostra pretende abordar unha mirada múltiple e ampla sobre o patrimonio costeiro galego. Comprender o litoral como ese límite identitario que define o noso territorio, como espazo máxico, dono de lendas, mitos e infinitas historias; como espazo habitado por comunidades diversas e tan fortes como o propio territorio. “Galicia litoral máxico. Asubíos, rompentes e cantigas” pretende achegar unha mirada ao litoral galego desde sete artistas galegos ou residentes en Galicia con tres piares fundamentais de conversación:
En primeiro lugar, a análise visual e estética do propio territorio natural costeiro. Observando e abrindo os ollos. En segundo lugar, o patrimonio humano. A comunidade que constrúe, coida e redefine o propio territorio. En terceiro lugar, non menos importante, a terra de bruxas, territorio de cantigas e lendas. Esa conversación entre o home e o mar que tantas historias veñen de contar e tanto achegan e definen o noso folclore e historia como territorio.

Organiza: Xunta de Galicia. Concellería de Medioambiente e cambio climático.
Artistas: Carla Andrade, Basilisa Fiestras, Andrés Pinal, Mar Caldas, Lucía Castro, Nuria Lago y David Catá.
Comisaria: Alexandra R. Rey


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar