Nesta exposición, comisariada por Vítor Vaqueiro, Ánxel Huete e Manuel Pérez Rúa, poderanse ver unha serie de fotomontaxes que, o recoñecido fotógrafo Augusto Pacheco, realizou entre o 1948 e o 1973, para acompañar ás inocentadas publicadas no xornal ourensán de La Región con motivo do Día dos Santos Inocentes.
As fotomontaxes van acompañadas das novas que cada 28 de decembro sorprendían aos/ás lectores/as deste xornal, pois falaban da aparición de monos, crocodilos o incluso elefantes, de accidentes estraños ou invasións extraterrestres. Toda unha demostración de enxeño e mestría, tendo en conta a época en que foron realizadas estas fotomontaxes e os medios cos que se contaba.
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar