• gl



Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas. Séculos XV- XVII

‘‘Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas. Séculos XV- XVII’‘ é unha exposición producida polo Consello da Cultura Galega baixo o comisariado de Ofelia Rey Castelao na que se amosa as consecuencias que tivo para Galicia a expedición Magalhães/Elcano, que partiu hai 500 anos.

Unha trintena de paneis repasan a historia desta época da navegación galega e como esta historia foi reflectida a través do imaxinario popular que recolleron grandes autores e investigadores da literatura galega ao longo dos tempos.

“ Inventio mundi” recupera a historia de grandes navegantes como Sebastián de Ocampo, que demostrou o carácter insular de Cuba; Fernando de Andrade, responsable de varias viaxes oceánicas de Galicia; Gómez Pérez das Mariñas, que navegou polo Pacífico ou Pedro Sarmiento de Gamboa, clave para entender a cartografía da época, entre outros.

A mostra poderá visitarse no espazo adicado ás exposicións temporais do 2º edificio do Museo e permanecerá aberta ao público do 7 de febreiro ao 12 de abril de 2020 no horario de apertura habitual do museo

A mostra ademais contará cunha serie de actividades ao seu redor das que iremos informando nas redes sociais do museo.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar