• gl



Exposición temporal “Soñar o encontro: Cartas ao mar” de Néstor Goyanes.

  • CANDO: do 2 de xullo ao 29 de setembro 2024.
  • HORARIO: de martes a domingo e festivos 11:00 a 14:00 e 16:30 a 20:30.
  • ONDE: Sala exposicións temporais 1º edificio do Museo do Mar de Galicia (Avda. Atlántida, 160. Vigo).
  • Entrada gratis.

Nesta exposición do artista arxentino de ascendencia galega Néstor Goyanes amósanos, por medio dunha serie de gravados, o diálogo dos inmigrantes coa súa terra orixinaria a través das cartas, dos
sobres, das fotografías, mais tamén un mundo emocional de recordos, saudades, dificultades
e experiencias.

O artista emprega técnicas como a xilografía, a litografía, as colaxes ou o stencil e dialoga coa
súa creatividade, cos seus recordos, mais tamén cos nosos.

Nesta mostra Néstor Goyanes convida ao/á espectador/a a mergullarse nas profundidades da memoria, a explorar a identidade que emerxe dos relatos compartidos e a reflexionar sobre a importancia de preservar as nosas raíces.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar