• gl



MAR DE CAMELIAS de Cristina Varela

Dende o 5 ao 30 de marzo en horario de martes a domingo de 10 a 14 e de 17 a 19 horas, o Museo do Mar de Galicia ten o pracer de amosar a exposición temporal MAR DE CAMELIAS de Cristina Varela

Exposición fotográfica que forma parte das actividades paralelas ao Congreso Internacional da Camelia cuxo programa poden consultar no seguinte enlace

Compoñen esta exposición 79 imaxes de gran formato, todas elas tratadas con diferentes texturas, nas que todo xira en torno ao mundo da camelia e o mar, e a súa relación con Galicia. Desta forma, Cristina Varela ofrece aos asistentes unha visión peculiar e particular desta flor.

Para máis información sobre a autora e as súas obras poden entrar na seguinte páxina


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar