Luis Davila, 1972. Natural de Bueu. Diseñador gráfico e humorista, iniciou o seu labor profesional en diversas axencias publicitarias, comeza a traballar no Faro de Vigo onde nacerá así O Bicheiro, nome baixo o que publica as súas viñetas diariamente.
Esta exposición, “O Camiño do Humor”, percorre unha escolma das súas viñetas máis exitosas. Nelas atopamos unha nova forma de transitar polo mundo, unha forma de abrazar a tradición coa tecnoloxía máis vangardista, o amor polos oficios tradicionais, polos homes e mulleres de usos clásicos cos costumes máis novos, coas formas máis abertas, en fin, a maneira de ser, sentir e vivir dos galegos e galegas.
A nosa recomendación é que percorran a exposición disfrutando do fino sentido do humor do autor e reflexionen sobre elas.
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar