• gl



A exposición “Horizontes”

HORIZONTE é a posta en escena no marco do Museo do Mar de Galicia (Vigo) dunha selecta colección de pinturas en grande formato que dende os comenzos do 2000 veñen conformando a voz pictórica de X. Chaves, recollendo esta selección dunha maneira particular aquelas obras alusivas ao Mar, ao marítimo mais tamén ao horizonte e ao horizontal como elemento identificativo da obra deste autor.
A presenza do Mar no seu universo creativo é patente dende os anos oitenta coas emblemáticas pinturas expresionistas e constructivas de dornas, bateas, gamelas etc… e nos “objets trouvés” realizados polo autor cos achados nas praias do Mar de Arousa ónde a pigmentación con “añil” esta moi presente. No ano 2000 Xaquín Chaves inicia un proceso de achegamento ao volumen que se plasma na escultura de gran formato RosadoMar instalada no dique de Ferrazo a entrada do peirao de Vilagarcía de Arousa.
A exposición estará aberta dende o venres 19 de decembro 2014 ao domingo 1 de febreiro 2015 en horario de apertura ao público do museo.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar