Nesta mostra poderán atoparse unha respresentación de obra producida por esta artista dende os anos 90 ata o momento presente, obras nas que se contrapoñen, mesturan e solapan: a árbore, que é o seu “alter ego” e o mar, o mar coma paisaxe, en certo xeito desolado, onde a figura humana non ten cabida.
Paula Mariño emprega distintos soportes e expresións artísticas, como madeira, papel, libros de artista, caixas, gravado ou lenzo, para construír a súa visión plástica da impresión que nela causa a paisaxe “real”.
A mostra poderá visitarse TOTALMENTE DE BALDE, no espazo adicado ás exposicións temporais do Museo no horario de apertura habitual do museo
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar