Navegando co Beagle Navegando co Beagle Navegando co Beagle Navegando co Beagle

HMS Beagle no Museo do Mar


Darwin Navegando no Beagle

Darwin Navegando no Beagle é unha invitación á aventura do coñecemento vivida nas expedicións científicas: oceánicas, terrestres, espaciais.

O Beagle, bergantín da Mariña Real Inglesa ao mando do capitán Fitzroy partiu de Devonport, Inglaterra, o 27 de decembro 1831. O obxecto da expedición era completar os traballos de hidrografía de Patagonia e Tierra del Fuego, das costas de Chile, do Perú e dalgunhas illas do Pacífico, e efectuar unha serie de medidas cronométricas arredor do mundo. A bordo ía Charles Darwin, daquela un mozo afeccionado ás ciencias naturais. Durante os case cinco anos que durou a viaxe, Darwin observou, comparou, recolleu e acumulou unha inxente cantidade de datos do que sería o xermolo da teoría coa que revolucionou o pensamento científico.

A exposición, que se celebra no ano Darwin, ao cumprirse o 200 aniversario do seu nacemento (1809) e os 150 da publicación do seu libro “Sobre a orixe das especies por medio da selección natural, ou a preservación das razas preferidas na loita pola vida”, amosará ao público o papel que xogaron e xogan as expedicións científicas, especialmente as de navegación no desenvolvemento da historia natural, con especial fincapé no viaxe feito por Darwin, que lle serviu para formular a súa hipótese. Os temas clave a desenvolver son as seguintes:

  • A sociedade de principios do século XIX. Pensamento científico e relixioso
  • Loxísticadascampañasdeinvestigación.
  • O pensamento científico e a evolución.
    • Estado actual do coñecemento sobre a evolución e orixe da vida.

Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar