Neuston

Neuston


Neuston. Experimento 1. Explorando a interface.

Tomando como metáfora o neuston, que define a comunidade de organismos que viven asociados á superficie, na interface auga-aire, o proxecto explora a interface ciencia-arte, suscitando un diálogo entre investigadores científicos e creadores artísticos ou literarios, no entorno do mar e das ciencias mariñas en Galicia.

Desde sempre, Ciencia e Arte seguiron camiños paralelos con converxencias e diverxencias. Concibir ideas e formas, experimentar, ou buscar modelos de representación que axuden a describir e a entender a complexidade do mundo, fai parte tanto da actividade científica como da actividade artística. O cosmos, a natureza, o corpo ou a mente humana son suxeitos de exploración comúns a ambas as dúas. Tamén o mar. Tomando como metáfora o neuston, que define a comunidade de organismos que viven asociados á superficie, na interface auga-aire, o proxecto explora a interface ciencia-arte, suscitando un diálogo entre investigadores científicos do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo – Consello Superior de Investigacións Científicas (IIM-CSIC) e creadores artísticos ou literarios, no entorno do mar e das ciencias mariñas en Galicia. Neuston, proposto como un experimento transdisciplinar, estabelece a colaboración de quince tándems de científicos e artistas. A partir dunha publicación científica, o investigador exponlle ao artista un aspecto concreto do seu traballo, inicio dun diálogo a partir do cal o artista realiza a súa proposta. Esta exposición mostra o resultado do experimento, en forma de dípticos onde ambas as linguaxes aparecen confrontadas


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar