Neuston

Neuston


Neuston. Experimento 1. Explorando a interface.

Tomando como metáfora o neuston, que define a comunidade de organismos que viven asociados á superficie, na interface auga-aire, o proxecto explora a interface ciencia-arte, suscitando un diálogo entre investigadores científicos e creadores artísticos ou literarios, no entorno do mar e das ciencias mariñas en Galicia.

Ficha Técnica

  • Organiza: Instituto de Investigacións Mariñas, Consello Superior de Investigacións Científicas e Museo do Mar de Galicia
  • Comisario e coordinador: José Pintado
  • Deseño: Signum deseño
  • Montaxe: Produción e Xestión Cultural, s.l.

Participantes

Antonio A. Alonso – Xosé María Álvarez Cáccamo; Xosé A. Salgado – Víctor Freixanes; Eva Balsa – Martín Caeiro; Antonio Figueras – Miguel Vázquez ; José Franco – Gonzalo Navaza; José L. Garrido – Din Matamoro; Carmen G. Sotelo – Xavier Queipo; Angel Guerra – Miguel Anxo Prado; Marta L. Cabo – Marilar Aleixandre; Isabel Medina – Fran Alonso , Miguel A. Murado – Vítor Vaqueiro; Santiago Pascual – Rosa Aneiros; José Pintado – Fernando Casás; Miguel Planas – Manuel Sendón ; Fran Saborido – Manuel Vilariño.

Primeira actuación

Exposición itinerante presentada no Foro Aberto da Ciencia Europea, ESOF, Barcelona 18-22 de xullo de 2008.

Exposición en gran formato

Museo do Mar de Galicia, primeiro trimestre 2009.

Froito desta colaboración, o Museo do Mar de Galicia será un colaborador necesario no proxecto presentado ao abeiro do Programa Cultura da Dirección Xeral de Educación e Cultura da UE “Colaboración e diálogo entre artistas e científicos “ Arscicold, concibido como unha plataforma de intercambio de artistas e científicos entre diferentes países europeos (Francia, Portugal, Dinamarca, Bélxica, Malta).


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar