As foulas do Beagle, prontas a chegar ao Museo do Mar de Galicia
A exposición Navegando no Beagle, que abrirá o vindeiro día 25 de novembro ata o 26 de marzo do 2010, achegará unha visión novidosa sobre os preparativos e a viaxe do Beagle que levou a bordo a Charles Darwin.
O interese xeoestratéxico e coñecemento natural, nun mundo occidental onde os postulados naturalistas tentaban identifica-la obra de deus na natureza, xunto co desenvolvemento da Inglaterra victoriana son amosados como antecedentes necesarios para comprender as verdadeiras motivacións destas exploracións.
Os feitos máis relevantes do roteiro, así como a loxística dos envíos de material cara o Museo de Ciencias Naturais de Londres xunto con outras representacións da expedición formarán o cerne central da exposición. Pero unha mostra sobre esta viaxe ficaría orfa se non se tratase a transcendencia dos achados de Darwin e a formulación da súa teoría sobre a orixe e evolución das especies. O Museo do Mar de Galicia, alén de toda a controversia xerada a nivel filosófico e científico, vai ir un pouco máis aló e propiciará singraduras para este século XXI.
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar