Xa estamos aquí outro ano máis! Queremos convidar a todos os rapaces de entre 5 a 14 anos a disfrutar con nós deste verán. Temos preparados xogos, actividades, experimentos e moitas sorpresas. Se te queres apuntar podes facelo chamando ao teléfono 986 247 691 (de luns a venres de 10 a 14h) ou enchendo o formulario máis abaixo.
Neste obradoiro o fío condutor serán os contos; a pesca, animais do mar, a praia, piratas e tesouros, serán algúns dos temas a través dos cales desenvolveremos xogos e actividades cos máis pequenos.
Babor, estribor, temón, popa… Que tipos de barcos hai? Faros e bandeiras; súbete aos nosos barcos e xoga con eles. Todo isto e moito máis se te embarcas con nós neste obradoiro.
Co gallo da celebración do “Ano Internacional da Biodiversidade”, nos converteremos en naturalistas, investigadores, científicos, experimentando por nós mesmos os misterios do medio mariño.
Durante unha semana os rapaces poderán converterse en arqueólogos e achegarse ao mundo romano a través dun produto tan prezado coma o sal.
Non esquezades traer o bañador, a gorra, o protector solar, a toalla e o bocata!
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar