Embarcate con nós durante o fin de semana (entrada libre e gratuita ata completar aforo).
O Museo do Mar de Galicia vai levar a cabo (sábado e domingo de 17:00 a 20:00 h) un obradoiro onde a diversión, creación e ciencia mistúranse nunhas completas actividades nas que os rapaces disfrutarán aprendendo nocións de bioloxía, historia natural e xeografía. Os participantes terán a oportunidade de realizar unha visita á exposición adaptada ás súas idades na que serán algo máis que visitantes do museo. Por engadidura realizaranse experiencias de obradoiro e ao aire libre.
Non esquezades o coi e a merenda!!!
Mais información: 986247750
Museo do Mar de Galicia.
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
contacto