O mar mirado

Esta exposición sintetiza aqueles aspectos do fondo fotográfico recollido máis relacionados cos cultos, o lecer e o goce do mar, inmortalizando paisaxes, procesións, praias onde gorentar, festas e mesmo as lembranzas dos días de descanso. A exposición dalle un novo valor engadido a esta temática ao ofreceren ás imaxes máis persoais, máis íntimas do arquivo.

O mar fotografado é un mar múltiple. Como fondo de imaxe, como lugar de fotografía, este mar non é homoxéneo. Un mesmo espazo ou obxecto adopta diferentes formas dependendo do tempo da fotografía e da perspectiva do fotógrafo. A realidade, plasmada e pensada nas fotografías como única, preséntase como diversa e cambiante.

No ámbito do institucional aparece a fotografía como rexistro onde o importante é documentar a paso de determinadas autoridades, as embarcacións fondeadas para os roles ou as obras nos portos. A fotografía non profesional, de disparo por veces errático, da familia mariñeira posando nunha barca ou na praia contraponse á profesional de autor de composición intencionada. Os peiraos aparecen diferentes. Desde o peirao como paisaxe do s. XIX, o peirao como espazo de traballo até o lugar da fotografía de pose de domingo. O ámbito da praia móstranos como un mesmo espazo presenta diversas perspectivas. Por un lado, a paisaxe de traballo e, por outro, un lugar de lecer capturado por fotógrafos ambulantes dos anos 60, pola fotografía caseira ou a turista.

As miradas do mar mudan co tempo. Ao xeito que o feito fotográfico se democratiza e diversifican os espazos do fotografábel, a cámara penetra os espazos. As fotografías de procesións máis antigas móstranos cerimonias no seu conxunto. Co paso do tempo, o interese fotográfico céntrase nas persoas e, máis recentemente, en todos os momentos da procesión e noutros paralelos. As embarcacións fotografadas do s. XIX aparecen fondeadas e, co transcurso do s. XX, a cámara fotográfica navega dentro dos barcos.

O Mar Mirado é un percorrido por estas diferentes perspectivas fotográficas do mar. Un mar único que se presenta diverso unha vez capturado no papel fotográfico.

Cadro de itinerancias

Posito Desde Ata
A Guarda 16/02 01/03
Baiona 02/03 15/03
Arcade 16/03 29/03
Moaña 30/03 12/04
Bueu 13/04 26/04
Portonovo 27/04 10/05
Illa de Arousa 11/05 24/05
Vilanova 25/05 07/06
Cambados 08/06 21/06
Rianxo 22/06 05/07
Aguiño-Carreira 06/07 19/07
Porto do Son 20/07 02/08
Muros 03/08 16/08
Lira 17/08 30/08
Fisterra 31/08 13/09
Laxe 14/09 27/09
Malpica de Bergantiños 29/09 12/10
Caión 13/10 26/10
Mugardos 27/10 09/11
Cedeira 10/11 23/11
O Vicedo 24/11 07/12
San Cibrao 08/12 21/12
Foz 22/12 04/01
Ribadeo 05/01 18/01

Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar