“Máis dunha década”é algo máis que unha exposición, é un proxecto expositivo retrospectivo con motivo da celebración de máis dunha década dos premios “Xuventude Crea”.
Esta será unha mostra multidisciplinar e multixeracional de artistas que formaron parte do programa Xuventude Crea, nela poderán verse obras de diferentes disciplinas como moda, graffiti, banda deseñada, pintura, escultura, fotografía e deseño de xoias.
Este proxecto supón a recolección da aposta cultural moza como motor da nosa sociedade, unha posta en valor de creadoras e creadores autóctonos que, nos 10 anos de vida deste certame, medraron e evolucionaron baixo a atenta mirada das institucións que apostaron polo seu valor creativo e a súa proxección.
O programa Xuventude Crea reflexiona, tras dez anos de percorrido, sobre cada un dos pasos dados e o impacto que estes creadores e creadoras tiveron no tecido cultural galego.
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar