• gl



Exposición temporal "José Suárez. Vida e obra".

  • CANDO: Do 3 de agosto ao 9 de setembro de 2026
  • ONDE: Xardín Museo do Mar de Galicia (Avda. Atlántida, 160. Vigo)
  • Entrada gratis

Ata o 9 de setembro pódese visitar nos xardíns do Museo do Mar de Galicia esta mostra itinerante dedicada a José Suárez (1902–1974), unha das grandes figuras da fotografía galega do século XX.
A exposición, organizada pola Real Academia Galega de Belas Artes co apoio da Xunta de Galicia para conmemorar a figura do fotógrafo, homenaxeado este ano no Día das Artes Galegas, está comisariada por Xurxo Lobato e composta por 16 paneis que percorren a súa traxectoria vital e artística.
A través de fotografías, textos e un coidado deseño expositivo, a mostra pon en valor a súa creatividade, a súa modernidade e a fonda relación coa cultura e coa identidade de Galicia.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar