RESOLUCIÓN DE ADXUDICACIÓN PROVISIONAL EXPEDIENTE SER/17/14


RESOLUCIÓN DE ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO CONCURSO PÚBLICO PARA A CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, DO SERVIZO DE MANTEMENTO DOS EDIFICIOS E INSTALACIÓNS DO MUSEO DO MAR DE GALICIA E DO CENTRO ARQUEOLÓXICO DO AREAL. SER/17/14

O órgano de contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia, de acordo co establecido nas Instrucións Internas de Contratación aprobadas polo Padroado de 26 de xuño de 2008 , vistas as ofertas presentadas a licitación e o informe de valoración de ofertas de data 13 de marzo, RESOLVE

1. Adxudicar provisionalmente o citado contrato á empresa EULEN S.A. por importe de CINCUENTA E SETE MIL CENTO VINTE E CINCO EUROS CON VINTE E SETE CÉNTIMOS (57.125,27 € ) sen IVE, resultando unha cantidade co IVE de SESENTA E NOVE MIL CENTO VINTE E UN EUROS CON CINCUENTA E SETE CÉNTIMOS (69.121,57 €).

2. Establecer como prazo máximo de execución do contrato UN ANO, a contar dende o 1 de abril de 2017, con posibilidade de prórroga por outro ano mais.

3. Ordenar a publicación no perfil do contratante.

Vigo, a 14 de marzo de 2017

O director

Vicente Caramés Moreira




Museo do Mar de Galicia.